Está en:inicio > Parques Nacionais > Islas Atlánticas > Introdución
Parque Nacional de las Islas Atlánticas
INTRODUCION
Desde a ría de Arousa ata a de Vigo encadéanse estas illas, emerxendo do océano e embelecendo a paisaxe mariña coa maxia dos seus acantilados. Nas súas entrañas, no fondo do mar, gárdanse as máis prezadas riquezas ecolóxicas deste Parque Nacional, custodiadas polos canóns dos antigos buques aquí afundidos. É sen lugar a dúbidas un lugar onde descubrir os misterios e lendas do Atlántico.

Representa sistemas naturais ligados a zonas costeiras e plataforma continental da Rexión Eurosiberiana. Os acantilados, as matogueiras, as dunas e as praias, así como os distintos fondos mariños (de rocha, area, de cuncha…) crean un gran mosaico de ecosistemas nestas illas e as augas que as rodean.

Esta diversidade de escenarios dá cabida a un gran número de especies: máis de 200 tipos de algas entre as que se refuxian e crían gran cantidade de peixes e moluscos, aves mariñas que aniñan nas repisas dos acantilados e pescan nas augas pouco profundas, plantas sorprendentemente adaptadas a vivir entre as areas das dunas ou nas estreitas fendas dos acantilados...A conservación destes valores naturais é un reto no que todos debemos participar.

Desde o 1 de xullo de 2008, a xestión do Parque Nacional Marítimo - Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia corresponde en exclusiva á Comunidade Autónoma de Galicia.

- REAL DECRETO 1082/2008, do 3 de xuño, sobre a ampliación das Funcións e servizos da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de conservación da natureza (Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia).

Data de declaración: 1 de xullo de 2002
Superficie: 8.480 hectáreas (7.285,2 marítimas e 1.194,8 terrestres). Arquipélago de Cíes, 2.658 ha marítimas e 433 ha terrestres; Arquipélago de Ons, 2.171 ha marítimas e 470 terrestres; Arquipélago de Sálvora, 2.309 ha marítimas e 248 terrestres; Arquipélago de Cortegada, 147,2 marítimas e 43,8 terrestres.
Provincia: Pontevedra (Arquipélagos de Cíes, Ons e Cortegada) e A Coruña (Arquipélago de Sálvora).
Comunidade Autónoma: Galicia
Teléfono: 986 24 65 17 / 986 24 65 50
Valores Culturais:

Ermidas, castros, pecios, pesca artesanal.

Valores Naturais:

Paisaxes, ecosistemas mariños, acantilados, ecosistemas de praia e sistemas dunares, matogueiras costeiras atlánticas e submediterráneas.

Outros Datos:

Municipios: Vigo (Arquipélago de Cíes), Bueu (Arquipélago de Ons), Ribeira (Arquipélago de Sálvora) e Vilagarcía de Arousa (Arquipélago de Cortegada).

Localización xeográfica: Rías Baixas de Galicia (Cíes, Ons e Sálvora sitúanse na entrada das rías de Vigo, Pontevedra e Arousa, respectivamente; Cortegada no interior da ría de Arousa).

Coordenadas.

Redes Supranacionais: ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves) - Illas Cíes (1988) e Illa de Ons (2001). Os arquipélagos de Cíes, Ons e Sálvora forman parte, respectivamente, de tres LICs (Lugares de Importancia Comunitaria): Illas Cíes, Complexo Ons - O Grove e Complexo húmido de Corrubedo.

Instrumentos xurídicos:

- Lei 15/2002, do 1 de xullo, pola que se declara o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. (BOE nº 157 de 02/07/02), modificada polo artigo 121 da Lei 53/2002 do 30 de decembro de Medidas Fiscais, Administrativas e da Orde Social (BOE nº 133 do 31/12/02).

- Decreto 88/2002, do 7 de marzo, polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos naturais do Espazo Natural da Illa de Cortegada e o seu contorno. (DOG nº 62 de 01/04/02).


Lexislación da Xunta de Galicia perante a toma de posesión de competencias na xestión do P.N.M.T das llas Atlánticas de Galicia

- Decreto 23/2006, do 16 de febreiro, polo que se establecen determinadas medidas de xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

- Real Decreto 1082/2008, do 3 de xuño, sobre ampliación das funcións e servizos da Administración do Estado traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de conservación da natureza (Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia).